Comunidades de innovación rural

O Refuxio do Náufrago

Economía socialEmpoderamento femininoPatrimonio mariñeiroTurismo sostible

Datos do proxecto

Turismo sostible e cultura local en Camelle
Inicio: 2021
Promotores: Digna Romar e familia Rodríguez Romar
Radio de acción: Camelle e contorno da Costa da Morte

Necesidade

Revitalizar o patrimonio local, xerar emprego sostible e apoiar á comunidade rural mediante turismo responsable.

Descrición

Digna Romar, xunto coas mulleres da familia Rodríguez Romar, recuperan unha antiga casa familiar en Camelle para crear un refuxio turístico sostible. O proxecto integra a memoria do mar, a emigración e o patrimonio local, promovendo turismo consciente, economía social e feminismo real.

Conclusión

Contribúe á economía local, á preservación cultural e á promoción de turismo responsable e feminista.